Despóis de moitos días dun tempo bastante malo para o que se espera dos meses de verán, parece que este domingo por fin chegou o verán a Palmeira.
A praia da Corna empezóuse a encher de xente como nos mellores tempos, ainda que un pouco menos. Debe ser que este ano hai menos turismo.
A ver se se empezan a ver xa os nosos veciños que chegan dos EUA como todos os anos a pasar uns días no seu pobo. Moitos chegaron este pasado sábado pero viñan cansados da viaxe e pouco se lles veu o pelo.
Para hoxe e mañán tamén se esperan unhas boas temperaturas para desfrutar da praia.
Este blog xurde coa idea de darlle novas frescas do seu pobo a todos os palmeiráns que andan repartidos polo mundo buscándose a vida. Procurarei mantelo actualizado.
luns, 16 de xullo de 2012
mércores, 4 de xullo de 2012
Esta semán foi noticia ..... a lonxevidade
Ó longo desta semán foi noticia tanto na televisión local como nos periódicos a lonxevidade de dous veciños de Palmeira, que cumplían nada máis e nada menos que 80 anos de casados.
Sebastián Feliz Paradelo de 103 anos e María Amparo Tato Gómez, de 99, residentes no lugar de Figueirido foron agasallados polo Alcalde de Ribeira con un ramo de flores e unha peza de cerámica.
Podedes ver a noticia na canle 7 Canal Rias Baixas.
Noraboa, e como se suele decir ¡¡¡ De hoxe nun ano!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)