domingo, 26 de xaneiro de 2014

Obras no Eitón e na rúa Cruceiro de Cruces.

Pasados os Reis, deron comenzo as obras no Eitón para mellorar a fachada litoral de Palmeira.


As excavadoras empezaron a levantar o vello asfalto.

O Concello de Riveira ten presupuestadas as obras en 93.077 euros, e a actuación, que está previsto se leve adiante en dous meses, consistirá no pavimentado con adoquíns de formigón prefabricados grises e verdes, como os que puxeron polo Adro e pola Canle, sobre unha base de formigón.

A día de hoxe xa botaron a base de formigón nunha metade da explanada e están levantando a outra metade.


O pasado verán xa Portos de Galicia arranxara a parte das beirarrúas que están a carón das casas con enlousado de pedra.

Tamén están con obras na rúa Cruceiro de Cruces, desde o Bacelo ata a Arrochela, donde levantarán o vello piso de formigón farán a rede de pluviais e colocarán adoquín, gris e verde. Según o Concello, o presuposto é de 147.000 euros e as obras durarán uns tres meses.

Ó levantar o formigón quedou á vista o antiguo enlousado de pedra, unha maravilla. É unha pena que os técnicos municipais non aproveiten ese antiguo enlousado para restauralo, elevalo e deixar a rúa con él e non meterlle adoquíns de formigón. Quedaría unha calle estupenda coa pedra orixinal que moitos recordamos como cubría toda esa rúa.


Imaxinádesvos que a alguén lle dese por adoquinar con formigón as rúas do Franco e da Raíña en Santiago.