martes, 15 de xaneiro de 2013

Os temporais do Nadal

O peche de ano foi bastante ventoso e chuvioso na nosa Palmeira. Ata o primeiro de ano casi non nos dou tregua a choiva e o vento.

A víspera da noiteboa mesmo houbo un temporal bastante forte.

A praia da Corna aparecía sementada de "arjaso" e de plásticos e madeiras que trouxo o mar.

Rompeu un colector á altura do edificio da fábrica de Baquero. Esperemos que o arranxen rápido, non vaia a chegar o verán e teñamos que ir á praia con iso así.

Os moxóns que marcan o deslinde marítimo terrestre (a líña de Costas, xa sabedes) dentro de pouco van a chegar ó Camallón.


Comos sijan avansando así......, e se aljún día acaba a crise, sejuro que aljunha constructora intenta levantar un hotel-balneario na Tixosa, ó estilo do da Toxa. Cunha ponte retractil para poder aseder ca maréa chea á illa.


martes, 11 de decembro de 2012

Inauguración do alumeado de Nadal

O sábado día 9, xuntáronse arredor da praza da Casa do Cura no Adro, arredor de dúas ducias de persoas para presenciar a inauguración do alumeado de Nadal deste ano.

Entre elas atopábase o Alcalde Manolo Ruiz, varios concellais e varios veciños que se achegaron a presenciar a bonita árbore de Nadal que nos puxeron este ano.



Unha árbore impresionante, duns 8 metros de altura, formadA por un armazón metálico e recuberto dunha malla cor verde para simular as follas. De noite alumea de cor azul con bombillas led, e ten unhas franxas brancas intermitentes que simulan copos de neve caendo.
 
A árbore está patrocinada pola coñecida empresa Frinsa.

Na fachada da igresa tamén colocaron unha estrela luminosa.

Está moi ben que a pesares da situación económica que sufrimos, non se recorten cousas como ésta, que ainda que para moitos sexan supérfluas, tamén alegran un pouquiño estas datas. E se por encima o financia unha empresa privada mellor que mellor.

Agora ímoslle a pedir a Papá Noel que remate o polideportivo de Palmeira, ainda que se teña que chamar Polideportivo Frinsa ¿e por que non?. ¿Non existe o Allianz Arena, o Emirates Stadium, o Nordbank Arena ou o Iberostar Stadi?

Estaría ben que as poucas empresas que obteñan beneficios os invertiran en infraestructuras para disfrute de todos, a cambio de levar o seu nome. Sería como unha inversión en publicidade.

mércores, 21 de novembro de 2012

Cambio de sentido na Rúa Dr.Torres


Pois así é. As mentes pensantes do Concello decidiron cambiar o sentido de circulación na Rúa Dr. Torres.

A partires de agora, xa non se pode sair do Adro polo Xardín, excepto para os enterros, como ven vedes no sinal. Os coches agora baixan dende o xardín cara ó Adro.

Falando con varios veciños sobre este tema, ningúen entende este cambio e falan dos seguintes problemas:

- A saída de vehículos medios (furgonetas) e grandes (camións) do Adro só se pode facer por diante da Casa do Mar. E por exemplo, un día que haxa un enterro ou voda, que os coches aparcan tamén pegados ó muro do Adro ó lado dos contenedores e na Rua Subida ó Adro, non colle un furgón nin un camión, co que se bloqueará o paso. Os camións e furgóns tampouco poden sair pola Cambra nin polo Rueiro (Rúa Numancia) debido ó estreito do paso.

- Dar saída por diante da Casa do Mar a todo o tráfico do Adro vai a machacar a centenaria Rúa Subida ó Adro coas súas lousas de pedra, pero coma sempre, o patrimonio non lle interesa a casi que ninguén.

- Asimesmo, a saída por diante da Casa do Mar vai facer aumentar moito a circulación de vehículos por esa zona, poñendo en perigo ós peóns que acuden á Casa do Mar e á Praza.

- Tamén se encontrarán os vehículos grandes co problema de virar na salida á Carretera Nova (Rúa da Canle) mesmo enfrente do garaxe de Marité, xa que teñen que facer unha viraxe de 90º nun sitio con pouco ancho, que ainda se verá máis complicado se hai algún coche mal aparcado, frente á cafetería da Casa do Mar.

- Os vehículos que antes subía pola Rúa Dr. Torres agora baixan, co que a velocidade aumenta consideráblemente nunha calle que as portas das casas están na mesma rúa, co conseguinte perigo para as persoas.

- E por encima, non tiveron nin a previsión de poñer na Rúa da Cambra á altura da Casa de Castiñeiras un sinal de prohibido virar á dereita, polo que moitos conductores que non saben que se cambiou o sentido viran para subir pola calle (como fixeron ata agora) e atópanse cos coches que baixan de frente, co perigo de accidente, porque se vos fixades na foto, o sinal de sentido prohibido queda oculto pola esquina da casa.

Esperemos que a Concellalía de Tráfico recapacite e corrixa ou minimice os problemas que esta decisión conleva.

Algúns veciños opinan que a Rúa Dr. Torres é suficientemente ancha como para facela de dobre sentido, pero ahí o problema viría cando se aparca nela xa que se ocupa unha das bandas da calle. O aparcamento nesta rúa está prohibido dende que se empedrou, pero normalmente os coches levan aparcando nela dende esa data, porque non hai sitio suficiente no Adro para deixar o coche, sobre todo nos veráns coa afluencia de turistas, e nos días de enterros, vodas e festas. E como "sempre" hai coches aparcados, pois ó mellor un día deixas alí o teu coche e ó collelo te atopas cun papeliño da Policía Local no parabrisas. E claro, logo te subes pola parede da igrexa pensando en que por qué che tocou a tí se sempre hai coches alí apartados.

Por iso é necesario solucionar os problemas dos cidadans e deixar as cousas claras. Ou se pode aparcar ou non se pode. Ou se tapan os sinais ou se quitan. Ou se deixa aparcar de xuño a setembro e os domingos e festivos ou qué facemos cos coches?

E se non se pode aparcar ¿dónde meten os coches os veciños que teñen coche e que pagan os seus impostos?


xoves, 25 de outubro de 2012

Xa está dispoñible unha nova sección no blog

A partires de hoxe mesmo, xa está dispoñible no blog unha nova sección chamada Libros da terra, que podedes ver na pestana superior.

Nesta sección intentarei recopilar os libros de autores de Palmeira ou libros que traten temas sobre o noso pobo, ou donde saia reflexado por calqueira motivo.

Ainda está en proceso constructivo, pero xa podedes ver uns cantos libros de varios autores.

Espero que vos resulte interesante e poidades comprobar que Palmeira é unha terra moi prolífica en escritores, investigadores e historiadores.


venres, 7 de setembro de 2012

O polideportivo de Palmeira

Esta semana estiven visitando as obras do polideportivo de Palmeira, que se está construindo dende o pasado mes de maio na chamada Horta do Bacelo. Para os que non se dean conta, está no novo vial que vai dende a parada do autobús no Puente ata o Barreiro.

O presuposto desta obra é de 1.108.597,16 euros máis IVE, que penso que agora mesmo sería do 21%, xa que, se na páxina do Concello figuran éstes datos.....

Denominación:
Construción de pavillón polideportivo municipal en Horta do Bacelo
(Palmeira, Riveira)
Plan:
Municipal
Adxudicatario:
Ageco, Construcciones y Reformas, S.L.
Importe de adxudicación:
Base:  1.108.597,16 euros
IVE 18%:  199.547,49 euros
Prezo total do contrato:  1.308.144,65 euros
Prazo de execución:
12 meses
Órgano de adxudicación:
Alcaldía
Data da adxudicación:
 24/03/2011

... agora mesmo coa subida do tipo xeral do 18% ó 21%, o presuposto quedaríase en 1.341.402,56 €.

Recordar que esta obra que empezou no pasado mes de maio do 2012 xa fora unha promesa electoral do anterior alcalde Xosé Luis Torres Colomer no ano 2007, e daquela xa se falaba de que quedaría lista a finais do 2008, tal e como podedes ver nesta nova do Canal 7 Rias Baixas . E non sabemos por qué tardou tanto en executarse.

A ver se por fin o temos listo para maio do 2013 xa que como pon na adxudicación, ten un plazo de execución de 12 meses.


Este polideportivo vai a ter unha planta baixa ónde estarán o vestíbulo, as oficinas, a recepción ó público e as gradas. E unha planta semisoto ónde se ubicarán a pista de 40x20 metros, a sala de ximnasia duns 70 metros cadrados, vestiarios, aseos, sala de masaxes e almacéns.

Agora desexamos que se acabe canto antes, que se use, e sobre todo que nos dure, e que non se leven os bancos, rompan o valado e destrocen as porterías, como na pista da Horta do Cura. 

venres, 31 de agosto de 2012

Exito de público vendo a Volta Ciclista a España

Cun pequeno adianto de 10 minutos sobre a hora prevista de paso, pasou a caravana da Vuelta Ciclista a España 2012 polo noso pobo.

Ás beiras da estrada dende o Vilar ata o Puente xuntámonos un par de centos de veciños e veraneantes para animar ós corredores. A maior parte concentrados na curva do Vilar. Supoñemos que no resto do pobo habería moita máis xente para recibilos.

O gran despliegue da caravana asombraba a moitos. Polo menos unhas 50 motos da Garda Civil de Tráfico deberon pasar antes de que chegaran os primeiros escapados.

Apareceu no ceo o helicóptero que sigue a volta, co que xa sabíamos que estaban cerca.

Eran catro corredores, entre eles Mikel Astarloza do Euskaltel Euskadi.

Casi dous minutos despóis aparecía o pelotón. Iban todos moi xuntos e ainda que todos intentábamos localizar a algún dos corredores máis coñecidos, quedámonos coas ganas pois entre tanta aglomeración faise moi difícil.

Unha vez pasou o pelotón a xente empezou a irse. So quedamos uns poucos para ver como tras varios minutos aparecían os catro últimos rezagados, que tamén foron recibidos con moitos aplausos,  e os vehículos de peche de carreira.

Haberá que esperar moitos anos para poder ver outro espectáculo similar pasar polo noso pobo.

xoves, 30 de agosto de 2012

A Volta Ciclista a España 2012 pasará por Palmeira

Pois así é. Hoxe xoves 30 de agosto, a Volta Ciclista a España pasará polo noso pobo.

Achegádevos á estrada xeral para poder ver pasar a eses fenómenos, Contador, Purito, Valverde, Flecha, Kessiakoff, Menchov, e tantos outros cracks do ciclismo.

A hora de paso está prevista sobre as tres da tarde.

Podedes ver todos os horarios de paso na Web Oficial da volta

Acudide en masa a ver este evento.