sábado, 10 de agosto de 2013

Rúas asfaltadas e algunha queixa

Coa chegada do verán, os nosos gobernantes decidíronse a asfaltar a entrada ó Porto dende o Norte, que xa estaba bastante deteriorada.

Todo o paseo marítimo luce agora un bo asfalto novo con pasos de peóns na Porta da Eira e tamén xa chegando ó Eitón.

Así luce agora mesmo o vial.


Tamén, por fin, remataron os traballos na zona da Corna, na Rúa de Esteirón, co asfaltado da estrada. Estas obras xa empezaran a primeiros de marzo e por fin os veciños poden agora desfrutar da nova rúa e deixar de sufrir as molestias das obras.



Pero ainda que se fan obras, tamén hai algúns veciños molestos co Concello, que demandan máis atención para o seu barrio.

E isto é o que pasa nas Subidas ó Adro, donde se reflexa esta queixa nas propias escaleiras.


A protesta, feita coa hidrolimpadora dí o seguinte "AQUÍ SE PAGA CONTRIBUCIÓN, PUERCOS LAVARME ALGUNA VEZ"

Así que vaian tomando nota os responsables no Concello e intenten contentar ós veciños.


mércores, 31 de xullo de 2013

As festas de San Xoan

Outro ano máis, as mellores fogueiras da Ría de Arousa volveron a alumear a noite de San Xoan en Palmeira.


Este ano no Castelo queimaron un barco, rememorando aquela tradición de queimar a dorna cando o mariñeiro se xubilaba ou mercaba unha nova.



Era un barco que levaba xa moitos anos nunha leira de Mondelo.

E tamén, como dende fai un par de anos, aprovéitase o San Xoan para facer as festas do verán. Foron tres días de festa rachada, con bo tempo, pero un par de días con moito nordés polas noites, o que mermou un pouquiño a asistencia de xente, e ainda así houbo moita.

A noite das fogueiras lucía unha lúa chea espectacular que as fixo máis vistosas.

As festas de San Xoan en Palmeira son das máis bonitas da ría, houbo uns anos que correron perigo e case estiveron a punto de perderse, pero afortunadamente recuperáronse.



O que é unha pena é que agora non se fagan as Festas do verán, que antíguamente celebrábanse en setembro, eran coñecidas como "As festas de setiembre", e xa nas últimas décadas pasaron a celebrarse en agosto, para que os palmeiráns que están repartidos polo mundo adiante tamén poideran disfrutar das festas do seu pobo.



Esperemos que cando mellore a situación económica a Comisión de Festas se plantexe de novo volver a facelas.



De momento, desfrutade coas de San Xoan.



E agora que as cinzas xa deixaron de formegar digamos ven alto. ¡Que viva o San Xoán 2014!


domingo, 26 de maio de 2013

Xa queda pouco para o San Xoán

Si, menos de un mes xa nos queda para ver na Tixosa, no Castelo e na Corna as fogueiras de San Xoán.

Os rapaces da Arrochela xa empezaron a xuntar palets e madeiras varias para a base da fogueira.


Xa están esperando na Porta da Eira o momento para ir levándoas para a Tixosa.


 Tamén os do Porto están xa acarrexando material para a parte baixa do Castelo.  E a falta de un mes para a máxica noite do lume xa teñen moita madeira.

Esperemos sexan tan bonitas como sempre.






domingo, 14 de abril de 2013

Maréas vivas

Ó longo da Semán Santa coincidiron uns temporais con moito mar de fondo, con maréas vivas e o mar azoutaba ben forte as construccións que hai á veira do mar.

Aquí unhas imaxes quitadas dende O Rueiro, ó lado do Garsan.




Tamén na Corna ó lado do Ché Vení se notaba a forza do mar.





Na Cambra, batendo contra o muro do Agro da Cambra.
 O Casqueiriño, no Baluarte,  casi cuberto

E na entrada do muelle había unhas correntes tan fortes que algúns mariñeiros decían que en todos os anos que levaban indo ó mar non viran nunca remuiños como aqueles.



As dornas, por pouco suben ata o muelle.



E é que o tempo está tolo, tolo, tolo.

Como dí o amigo Davila.



Obras na Rúa de Esteirón

Pois si, prosiguen as obras na Rúa de Esteirón, a calle que está entre a praia da Corna e a estrada xeral. Levantaron todo e están metendo canalizacións.




Así estaba a finais de marzo.
A ver se deixan ben esta calle que tiña ben falta de arranxo.

sábado, 9 de marzo de 2013

Tornados en Palmeira

Hoxe sábado, un tornado azotou Ribeira, Palmeira, A Pobra e varios pobos máis.

En Ribeira tirou cun posto de churros do mercado e a moza que o atendía queimóuse co aceite e tivo que ser trasladada ó Hospital da Barbanza. Tamén arrincou varias árbores no parque de Pedra Pateira.

En Palmeira levou por diante varios tellados na zona do Vilar, e algunha cheminea.

Aquí tedes un vídeo que uns rapaces colgaron en Youtube, da tromba mariña ó seu paso por Coroso.


Xa se están facendo bastante comúns os tornados/trombas pola nosa terra . No ano 2011 outra tromba pasou polo Camallón e foise para o Maño. Podédelo ver neste vídeo subido tamén a Youtube.


¡E que o tempo estáse volvendo tolo!

martes, 15 de xaneiro de 2013

Os temporais do Nadal

O peche de ano foi bastante ventoso e chuvioso na nosa Palmeira. Ata o primeiro de ano casi non nos dou tregua a choiva e o vento.

A víspera da noiteboa mesmo houbo un temporal bastante forte.

A praia da Corna aparecía sementada de "arjaso" e de plásticos e madeiras que trouxo o mar.

Rompeu un colector á altura do edificio da fábrica de Baquero. Esperemos que o arranxen rápido, non vaia a chegar o verán e teñamos que ir á praia con iso así.

Os moxóns que marcan o deslinde marítimo terrestre (a líña de Costas, xa sabedes) dentro de pouco van a chegar ó Camallón.


Comos sijan avansando así......, e se aljún día acaba a crise, sejuro que aljunha constructora intenta levantar un hotel-balneario na Tixosa, ó estilo do da Toxa. Cunha ponte retractil para poder aseder ca maréa chea á illa.