luns, 22 de agosto de 2011

...e acabáronse as festas

Si, acabáronse as festas.

Para ser só dous días tiveron moito éxito.

O venres foi o día de máis asistencia. Pola mañán e pola tarde os inchables fixerons majas entre os máis pequenos. Despóis na festa da espuma tanto pequenos, como xóvenes, como algúns non tan xóvenes disfrutaron "a esjalla".


Pola noite Pepe Castrelo leu o pregón das festas e logo o grupo Tambo e sobre todo a orquesta Costa Oeste tivéronnos failando ata casi as cinco da mañán. O Eitón estaba repleto de xente.

Moita xente de fora, moitos turistas que viñeron a Palmeira a disfrutar das festas e que tiñan ganas de troula.

Os bares repletos (bueno, xa sabedes que cada vez quedan menos).

O sábado pola tarde tivo lugar a regata de dornas Festas de Palmeira que saindo do Camallón deron a volta a Rúa, resultando gañador da regata José Antonio "o panadeiro" (o bernaldo) patroneando a Sandra seguido de Charlie e José "O carreirán" a bordo da Zoa. De terceiro entraría José María "o de Juana" patroneando a Ardentía. Tivo moito mérito o que chegou de cuarto, Fernando a bordo da Vikinga, xa que acadou ese posto tripulando él só a dorna.

O sábado pola noite cubreuse de néboa e incluso á hora dos fogos estivo chovendo un pouco pero iso non fixo que a xente se fora, querían ver os fogos. Cun retraso de vinte minutos sobre a hora de toda a vida a pirotécnia Resúa largou as tres bombas que marcan o comenzo dos fogos. Foron bonitos ainda que moi deslucidos pola néboa que non deixaba ver as lucerías máis elevadas. E ó contrario do que poñía no programa os do outro lado da ría desta vez non poideron disfrutar dos nosos fogos. Outro ano será.

E remataron as festas e os palmeiráns que viñeron de vacacións dende todos os lugares do mundo, empezan a voltar ás súas vidas. Toca volver ó traballo, levar os nenos á escola, etc.... E isto é así en todos os sitios, tanto aquí como en New Jersey, California, A Coruña, Madrid, Palma de Mallorca ou Tenerife...

Veña amigos, ánimo que un ano pasa moi rápido, demasiado para os que xa imos pasando de certa edade.

Para o ano que ven volveremos a vernos e a recordar aqueles tempos nos que xogábamos no Adro, no Eitón, no Rueiro, na Lomba, na Bousiña ou en Esteirón ás bolas, ó cinto, ó pión, ó risco, ó futbol, ó ovo pico araña, á partida, ó palloi, ó tres marinos a la mar, e tantos xogos que facíamos. E volveremos a recordar aquelas tardes de domingo na de Manolo do Café tomando aqueles finos, dulces e licor de Montserrat, acompañados sempre por aquelas patatiñas fritas que nos poñía María ou os cacahuetes que nos traía Manolo.

Recordaremos de novo aquelas "jerras" que facíamos entre barrios. Os do Porto contra os do Adro, os da Arrochela contra os do Norte, os da Bousiña contra os da Lomba. Aquelas "jerras" que facíamos con terróns de herba, con bolsas de leite cheas de area, con grapas de alambre da luz, con pistolas de pinzas da roupa que disparaban grans de millo, e que ainda que eran "jerras" logo facían que ainda fósemos máis amigos.

Moitos recordos que ás veces nos volven á cabeza gracias ó libro das Festas.

Que non pare esa costumbre e que veñan moitas e moitas festas e nos xuntemos moitos e moitos anos para recordar aqueles tempos.

Ata o ano que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario