A primeiros de novembro chamaba a atención, cando paseabas do Eitón á Arrochela, esta grande carpa que cubría todo o parque infantil.
Moita xente pensou que había algunha festa.
Realmente a carpa foi utilizada para cubrir os traballos de mellora que se estaban facendo no parque infantil.
Botaron o piso de goma EVA e cambiaron varios dos aparellos que había nel.
Tamén montaron un novo módulo de xogos en forma de illa con palmeiras, e con tres escorregadoiros que seguro farán a ledicia dos nosos pequenos.
A ver se entre todos o coidamos e que lles dure moito tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario