luns, 25 de xuño de 2012

Festas de San Xoan en Palmeira

Os días 22, 23 e 24 tiveron lugar as festas de San Xoan en Palmeira.
Programa das festas 2012

Este ano, unificáronas coas de verán, que normalmente, tiñan lugar en agosto, así que, os amigos e veciños, que viñan todos os anos dos E.U.A., este ano non van a poder desfrutar das festas do verán en Palmeira.
Programa das festas 2012

Varias deberon ser as razóns que levaron á Comisión de Festas a tomar tal decisión. Posíblemente, a crisis, que nos machaca tanto estes últimos anos, teña moita parte de culpa, xa que cada vez é máis difícil recaudar fondos para as festas.

Tamén hai que ter en conta, que nos últimos anos, a climatoloxía non nos tén axudado moito a desfrutar das festas, por iso, ó mellor, cambialas para o San Xoán foi unha boa opción.
Armando a fogueira con axudas mecánicas. ¡¡Os homes de agora xa non son coma os de antes!!

Sempre especulando, e sen saber as causas reais, podíamos pensar que outro dos motivos foi que nesta época a contratación das orquestras resulta máis barato que en pleno mes de agosto, co que se aforran uns cartiños.

E por último, a coincidencia nos últimos anos, en datas, cas festas de Corrubedo e de Ribeira, tamén mermaron a asistencia de visitantes ás nosas festas en anos anteriores.

O Castelo preparado para a noite

A programación para o venres día 22 comenzaba co estalo dos foguetes ás 9:45, en consideración ós veciños máis festeiros. Ás 10:30 os gaiteiros empezaban a tocar polas rúas de Palmeira. Os inchables facían acto de presenza ás 11:30 na Porta da Eira.

Xa pola tarde, ás 16:30 tería lugar o xogo do pau ensebado, e un pouco máis tarde ás 17:00 os inchables volvían a alegrar ós máis pequenos. E xa sobre as 7 da tarde, todos á festa da espuma.

 A Tixosa tamén preparada

Pola noite, a verbena estivo amenizada pola orquestra ASSIA e o grupo Azalea.

O pregón deste ano correu a cargo de Xosé Plácido Betanzos García, un palmeirán nado en 1952, profesor de tecnoloxía no I.E.S. Leliadoura de Frións e ben coñecido por todos por ser voceiro do BNG de Ribeira durante unha década. Foi candidato á Alcaldía de Ribeira nos anos 1995 e 1999.

Gañador de varios premios literarios, 1º premio 3ºCertame Valle Inclán da Pobra, 1º premio Relatos na Emigración en Bos Aires.

Actualmente ten un moi bo relato longo nas librarías, Coiteladas na Alma, sobre o tema da emigración nos primeiros anos do século XX a Nova Iork. Un libro moi doado de ler e moi recomendable, que a moitos posíblemente lles traia recordos do que lles teñen contados seus pais e abós.

Tivemos moi bo tempo, ata que pola noite se levantou un ventiño do Nordés que colleu desprevida a moita xente que non viña ben abrigada e víanse algunhas caras de frío.

O sábado volvían a despertarnos os foguetes ás 9:45 e pouco despóis, os gaiteiros facían a súa aparición.
Os gaiteiros tocando mentras se celebra o fútbol 3x3

Sobre as 11:30 tivo lugar o tradicional torneo de futbol 3x3 nas pistas do parque da Horta do Cura. Ás 16:30 tería lugar a proba de natación dende a Tixosa ata o pantalán.

Ás 8 da tarde, as charangas e gaiteiros empezaron a quentar á xente para a Sardiñada e para o partido España-Francia da Eurocopa.
 Vendo o partido e comendo sardiñas

Debido á coincidencia destes dous eventos internacionais, a Sardiñada e o partido, a Comisión de festas montou na zona dúas pantallas de tv para que os asistentes poidésemos facer unhas das cousas que mellor se nos dan, mirar o fútbol e comer sardiñas.

Os bares da zona tamén estaban repletos de xente vendo o partido, e nada máis acabar, e animados polo resultado, tamén se achegaron a disfrutar dúnhas boas sardiñas asadas encima dun cacho de pan de millo.

Como outros anos, as sardiñas foron de balde, e só había que pagar a bebida a prezos moi populares. Ademáis vendíanse rifas para o sorteo dun porco que tería lugar o domingo pola noite.

 A Tixosa ardendo

E así estivemos ata que, como manda a tradición, ás 12 da noite se prenderon as fogueiras da Tixosa e do Castelo. Este ano, non vimos a da Corna

A verbena estivo a cargo da Orquestra Marimba.

A noite estivo espectacular, sen vento ningún e cunha temperatura moi agradable, que animou á moitísima xente asistente que estivo ata altas horas.
Fogueira no Castelo

O domingo volvían a despertarnos os tradicionais foguetes. Sobre as 11 menos cuarto a banda de musica e gaiteiros empezaron a recorrer as nosas rúas. Despóis de subir pola Rúa da Cambra, aproveitaron a saída da misa para facer un pequeno concerto no mesmo Adro, que foi moi aplaudido polos presentes.


Ás 12 o tren coas Raíñas das Festas empezou a facer recorridos polo pobo. E á 1 baixou a banda de música para o Eitón a facer un concerto.
O tren da Raíña das Festas

Pola tarde volverían os inchables.

Ás 19:30 saeu a procesión da Virxe do Carme e houbo misa no Eitón.

Pola noite a verbena foi amenizada pola orquestra Ledicia Espectáculo.

E alá se van as festas deste ano. Co lume das fogueiras esperemos que se queimara todo o malo deste ano, que houbo moito, a ver se se queimou xa  a crise, a prima de risco, o paro, os mercados, a deuda, e todo iso do que desgraciadamente oímos falar todos os días nos telexornais. Menos mal que nos quedan as festas, o fútbol, o tenis, a Fórmula 1, as MOTO GP, etc, para facernos olvidar por momentos todo o que estamos sufrindo.

Xa estamos esperando polas festas do 2013. ¡¡¡¡E que non nos asuste o número dese ano!!!!

mércores, 18 de xaneiro de 2012

Palmeira sitio tranquilo

Bueno, veciños, como Palmeira é un sitio tranquilo, donde non acontecen moitas cousas, este blogue non se move moito, polo que imos a aproveitar para poñer unhas cantas fotos da vila.

Armando a fogueira do Castelo o 23 de xuño do 2010. Ó fondo a fogueira da Tixosa.

A Insa da Pirilla vista dende Insuela


Praia de Supinal e ó fondo praia da Corna

Fábrica de conservas Lojo - Pechada dende fai anos

Praia de Rio Azor, ó fondo o hotel Oca e unha urbanización recente (xaneiro 2011)

Praia de Coroso (xaneiro 2011)


Rio Grande, fronteira coa veciña Ribeira ó fondo

Desembocadura de varios rios en Coroso

Outra vista da Pirilla dende Insuela cos piñeiros de Supinal á esquerda

Vista dende o Adro. Ó fondo a illa de Rúa, as bateas, no medio a Insa da Pirilla e en primeiro plan o Carreiro e a praia da Cambra, con unha dorniña a inchar.

Efectos do temporal en Outubro do 2011 na praia da Cambra afloraron laxes que antes non había.

Espero que estas fotos vos fagan recordar polo menos un pouquiño a Palmeira estedes onde estedes.








martes, 20 de setembro de 2011

Remataron as obras na fonte do Adro

En poucos meses, a paisaxe do entorno da igrexa de Palmeira cambiou radicalmente.


Ó derribo da vella praza, xuntóuselle a recuperación da fonte do Adro que se atopaba no soto da praza e dende facía moitos anos tiña as entradas cegadas por chegar a convertirse nun vertedoiro clandestino de lixo.


A recuperación da fonte, como vedes nas fotos consisteu en derrubar o edificio da antigua praza, crear dous accesos con escaleiras dende a parte superior (un dende a Rúa da Cambra pegado á casa do cura), e outro dende a Rúa da Canle (a Carreteranova) e tamén dun acceso ó nivel inferior directo dende a entrada á Casa do Mar.

Foi feito con lousas de granito e baranda de aceiro inoxidable.

A fonte queda alá abaixo un pouco deslucida, xa que ben poideron anchear as escaleiras que baixaban á fonte para que quedase un espazo máis aberto.


Con esta obra tamén se gañou un pouco máis de ancho para a Rúa da Cambra, que xa sabedes moitos, que ás veces era moi difícil pasar polos coches que aparcaban en batería frente á praza.

Tamén xa retiraron todo o material que estaba depositado no Adro e que imposibilitaba aparcar, co que se comían unhas 6 ou 7 prazas de aparcamento.

xoves, 25 de agosto de 2011

Seguen as obras no Adro

Despóis de adoquinaran a parte da Rúa da Cambra que vai dende a estrada xeral ata o Adro, que fixeron con adoquín de formigón de cor verde, agora lle tocou ó cachiño da Rúa da Cambra que vai dende a porta do Adro ata o comenzo da Calle Numancia (o Rueiro).

Este tramo o fixeron con adoquín e lousas de granito. Tardaron dúas semáns dende que empezaron a levantar o formigón vello, meteron as conexións de alcantarillado, etc... e acabaron para o día do Carme das festas.



Quedou moi ben, pero tiñan que poñer unha tapa para recollida de augas pluviais moito máis grande xa que os veciños da Cambra van a papar toda as augas das venidas, como se veu coa tronada deste domingo pasado.

Tamén están arranxando a fonte do Adro.

Xa fai uns meses que derribaron a antiga praza do mercado e había o proxecto de recuperar a fonte do Adro. Pois nestes momentos estano levando a cabo, e nestas fotos podedes ver como vai a obra.

Os que xa pasan dos 60 poderán recordar como era esa zona antes de faceren a praza vella. Pois algo parecido vai a quedar agora. Ademáis daráselle máis luz á Casa do Mar, que agora quedaba "enfonchangada" debaixo da praza vella..

Cando poida subireivos unha foto de como era antes que seguro que teño algunha por algún sitio.

As obras son un incordio para todos os que as temos que sufrir, pero cando se dan acabado a maioría das veces as cousas quedan mellor ca antes. Así que paciencia, Palmeira.

Nova sobre o derrube da praza vella de Palmeira en Canal 7 Rías Baixas

luns, 22 de agosto de 2011

...e acabáronse as festas

Si, acabáronse as festas.

Para ser só dous días tiveron moito éxito.

O venres foi o día de máis asistencia. Pola mañán e pola tarde os inchables fixerons majas entre os máis pequenos. Despóis na festa da espuma tanto pequenos, como xóvenes, como algúns non tan xóvenes disfrutaron "a esjalla".


Pola noite Pepe Castrelo leu o pregón das festas e logo o grupo Tambo e sobre todo a orquesta Costa Oeste tivéronnos failando ata casi as cinco da mañán. O Eitón estaba repleto de xente.

Moita xente de fora, moitos turistas que viñeron a Palmeira a disfrutar das festas e que tiñan ganas de troula.

Os bares repletos (bueno, xa sabedes que cada vez quedan menos).

O sábado pola tarde tivo lugar a regata de dornas Festas de Palmeira que saindo do Camallón deron a volta a Rúa, resultando gañador da regata José Antonio "o panadeiro" (o bernaldo) patroneando a Sandra seguido de Charlie e José "O carreirán" a bordo da Zoa. De terceiro entraría José María "o de Juana" patroneando a Ardentía. Tivo moito mérito o que chegou de cuarto, Fernando a bordo da Vikinga, xa que acadou ese posto tripulando él só a dorna.

O sábado pola noite cubreuse de néboa e incluso á hora dos fogos estivo chovendo un pouco pero iso non fixo que a xente se fora, querían ver os fogos. Cun retraso de vinte minutos sobre a hora de toda a vida a pirotécnia Resúa largou as tres bombas que marcan o comenzo dos fogos. Foron bonitos ainda que moi deslucidos pola néboa que non deixaba ver as lucerías máis elevadas. E ó contrario do que poñía no programa os do outro lado da ría desta vez non poideron disfrutar dos nosos fogos. Outro ano será.

E remataron as festas e os palmeiráns que viñeron de vacacións dende todos os lugares do mundo, empezan a voltar ás súas vidas. Toca volver ó traballo, levar os nenos á escola, etc.... E isto é así en todos os sitios, tanto aquí como en New Jersey, California, A Coruña, Madrid, Palma de Mallorca ou Tenerife...

Veña amigos, ánimo que un ano pasa moi rápido, demasiado para os que xa imos pasando de certa edade.

Para o ano que ven volveremos a vernos e a recordar aqueles tempos nos que xogábamos no Adro, no Eitón, no Rueiro, na Lomba, na Bousiña ou en Esteirón ás bolas, ó cinto, ó pión, ó risco, ó futbol, ó ovo pico araña, á partida, ó palloi, ó tres marinos a la mar, e tantos xogos que facíamos. E volveremos a recordar aquelas tardes de domingo na de Manolo do Café tomando aqueles finos, dulces e licor de Montserrat, acompañados sempre por aquelas patatiñas fritas que nos poñía María ou os cacahuetes que nos traía Manolo.

Recordaremos de novo aquelas "jerras" que facíamos entre barrios. Os do Porto contra os do Adro, os da Arrochela contra os do Norte, os da Bousiña contra os da Lomba. Aquelas "jerras" que facíamos con terróns de herba, con bolsas de leite cheas de area, con grapas de alambre da luz, con pistolas de pinzas da roupa que disparaban grans de millo, e que ainda que eran "jerras" logo facían que ainda fósemos máis amigos.

Moitos recordos que ás veces nos volven á cabeza gracias ó libro das Festas.

Que non pare esa costumbre e que veñan moitas e moitas festas e nos xuntemos moitos e moitos anos para recordar aqueles tempos.

Ata o ano que ven.

mércores, 10 de agosto de 2011

Palmeira en festas

Este vindeiro fin de semán terán lugar no noso pobo as festas de verán.



Facéndose cargo da crise económica que afecta a moitas familias, este ano a Comisión de Festas decideu reducir os días de festa a só dous días, o venres e o sábado, deixando o domingo só para actos relixiosos na honra do Santo Cristo dos Navegantes.

Ahí vos vai o programa das festas deste ano:

VENRES 12 DE AGOSTO

9:45  Señor fojeteiro, vote as bombas xa, empezan as festas e non queremos esperar.

10:30 ¡¡¡Tirirí, tirirá!!! os jaiteiros van tocar, xente ás rúas a velos pasar.

11:30 Cos hinchables na Porta da Eira tódolos nenos se poñan a brincar.

16:30 Co pau ensebado tés que demostrar as túas forzas ou acabarás no mar.

17:00 Os inchables están aquí outra ves.

19:00 Despóis de tanto saltar, á festa da espuma vinde todos, é a hora de se refrescar.

22:00 Todos a bailar, con estas orquestras que ben o imos pasar.

GRUPO E ORQUESTRA COSTA OESTE

23:30 Un palmeirán (Pepe Castrelo) dará o pregón.

24:00 A bailar outra vés, que vexan os das orquestras que ben o sabemos faser.



SÁBADO 13 DE AGOSTO

9:45  ¿Estades de resaca? Ahí vos van bombas de palenque e que desperte toda a xente.
10:30 ¡¡¡Tirirí, tirirí!!! os jaiteiros xa están por ahí.

13:30 Tendes tamén donde escoller con futbol 3x3.

11:00 A banda de música non pode faltar, polas calles verédela pasar.

12:00 Co trén imos a pasear, as raíñas tamén virán.

14:00 A jorxiña hai que refrescar, cun vermut podemos safar, e a banda a tocar.

16:30 Futbol: solteiros contra casados... que gañen os máis osados.

19:30 Procesión da Nosa Señora do Carme.

20:00 Misa cantada no Eitón.

22:00 Seguimos de troula, que comence esta orquestra, ainda é dia de festa.

TRIO, E ORQUESTRA CHARLESTON BIG BAND

24:00 Fogos artificiais que os disfruten tamén os de enfrente da ría.

24:20 A orquestra a tocar outra vés, despedimos as festas ata o verán que vén.

¡Pasádeo ben!,  ¡felices festas palmeiráns e visitantes!
 
 

DOMINGO 14 DE AGOSTO

Na honra do Santo Cristo dos Navegantes

11:00 Dianas e alboradas pola Banda de Música Municipal de Boiro.

12:00 Misa solemne cantada pola Coral Polifónica Municipal de Riveira

Pola noite baile na "Sociedad Hijos de Palmeira"