mércores 13 abril 2016

Trompa mariña pola Ría de Arousa

Esta mañán, unha trompa mariña atravesou toda a Ría de Arousa dende Sálvora ata Cabo da Cruz . Un espectáculo grabado dende a praia de Coroso por un afeccionado onde se vé pasar a trompa por diante de Rúa.

video

Tamén deixou destrozos en Cabío e moito pedrazo por toda a zona.

Fixádevos no tamaño do pedrazo.

venres 08 abril 2016

Maréas vivas

Esta fin de semán tivemos unhas boas maréas vivas.


Como observades nas imaxes quedaban pedras ó descuberto que raras veces podemos ver. Esta imaxe corresponde á praia da Corna á altura das Pedras do Millo.





Nestas imaxes podedes ver a diferenza ca maréa chea e ca baixa na praia da Cambra.




Agora daba gusto ir á seca, como cando éramos rapaces, o problema é que nin podemos coller o que collíamos antes, nin sequera o hai porque está esquilmado.

O que si hai máis, afortunadamente, son máis variedade de especies de aves, que co cambio climático vanse quedando máis por esta zona, como garzas, garcetas, pardelas, píllaras. É moi habitual ver polas inmediacións da Tixosa ou na praia da Cambra algunha garceta ou garza.




O Río de Esteirón cambiou o seu cauce e agora está casi ó lado da pasarela de madeira da parte do Campiño, co que lle gañamos uns metros de area ós da Pobra. A naturaleza alíase cos palmeiráns.



xoves 06 febreiro 2014

Moita auga na Revolta

Na pista asfaltada que vai da Lomba pola Revolta ata a estrada que vai a Moldes, desde que fixeron un muro de pedra nunha finca, a auga queda empozada ata o punto que vedes na foto.


 Pasar cun coche baixo representa un perigo, máxime cando non sabes se haberá algunha pedra debaixo da auga. Por suposto o paso para as persoas resulta imposible sen botas de auga.


 Hai poucos veciños, si, pero supoño que tamén pagan impostos.

domingo 26 xaneiro 2014

Obras no Eitón e na rúa Cruceiro de Cruces.

Pasados os Reis, deron comenzo as obras no Eitón para mellorar a fachada litoral de Palmeira.


As excavadoras empezaron a levantar o vello asfalto.

O Concello de Riveira ten presupuestadas as obras en 93.077 euros, e a actuación, que está previsto se leve adiante en dous meses, consistirá no pavimentado con adoquíns de formigón prefabricados grises e verdes, como os que puxeron polo Adro e pola Canle, sobre unha base de formigón.

A día de hoxe xa botaron a base de formigón nunha metade da explanada e están levantando a outra metade.


O pasado verán xa Portos de Galicia arranxara a parte das beirarrúas que están a carón das casas con enlousado de pedra.

Tamén están con obras na rúa Cruceiro de Cruces, desde o Bacelo ata a Arrochela, donde levantarán o vello piso de formigón farán a rede de pluviais e colocarán adoquín, gris e verde. Según o Concello, o presuposto é de 147.000 euros e as obras durarán uns tres meses.

Ó levantar o formigón quedou á vista o antiguo enlousado de pedra, unha maravilla. É unha pena que os técnicos municipais non aproveiten ese antiguo enlousado para restauralo, elevalo e deixar a rúa con él e non meterlle adoquíns de formigón. Quedaría unha calle estupenda coa pedra orixinal que moitos recordamos como cubría toda esa rúa.


Imaxinádesvos que a alguén lle dese por adoquinar con formigón as rúas do Franco e da Raíña en Santiago.




xoves 21 novembro 2013

Novo parque infantil na Porta da Eira

A primeiros de novembro chamaba a atención, cando paseabas do Eitón á Arrochela, esta grande carpa que cubría todo o parque infantil.

 
Moita xente pensou que había algunha festa.

Realmente a carpa foi utilizada para cubrir os traballos de mellora que se estaban facendo no parque infantil.

Botaron o piso de goma EVA e cambiaron varios dos aparellos que había nel.


Tamén montaron un novo módulo de xogos en forma de illa con palmeiras, e con tres escorregadoiros que seguro farán a ledicia dos nosos pequenos.

A ver se entre todos o coidamos e que lles dure moito tempo.

luns 11 novembro 2013

Chegan os primeiros vendavales

A fináis do mes de outubro e os primeiros días de novembro chegaron os primeiros vendavales deste outono á nosa Ría.

Na ponte de Todos os Santos entrou unha forte borrasca que nos deixou vento e choiva dabondo.


Foto sacada dende o Adro.

O domingo xa calmou e deixóunos tempo para pasear un pouquiño. A praia da Corna estaba chea de "arjaso" e con moitos restos, botellas, boias, cabos, etc...

Tamén había moitos animais mortos, que non resistiron o temporal ou foron arrastrados os seus restos dende as súas moradas. Varios cormoráns, unha garza, varias gaivotas.









Ainda que tamén era fermoso ver a unha garza buscando comida na praia de Cruces, bueno, ou dónde estaba antes do recheo.


Na punta da Corna descubríronse pedras que normalmente están enterradas na aréa, polos menos en gran parte.



mércores 30 outubro 2013

O verán tardou en deixarnos

Este ano, despóis de moitos meses de choiva, por fin poidemos desfrutar dun verán con moi bo tempo.


 Ata mediados de setembro seguimos con días estupendos.


O mar estaba como un prato, xa non había turistas nas praias.


A Corna presentaba imaxes impresionantes como éstas.....


O único que desentoaba eran as feridas deixadas polo lume prantado por catro indesexabres.


¡¡¡Todos contra o lume!!!