mércores, 21 de novembro de 2012

Cambio de sentido na Rúa Dr.Torres


Pois así é. As mentes pensantes do Concello decidiron cambiar o sentido de circulación na Rúa Dr. Torres.

A partires de agora, xa non se pode sair do Adro polo Xardín, excepto para os enterros, como ven vedes no sinal. Os coches agora baixan dende o xardín cara ó Adro.

Falando con varios veciños sobre este tema, ningúen entende este cambio e falan dos seguintes problemas:

- A saída de vehículos medios (furgonetas) e grandes (camións) do Adro só se pode facer por diante da Casa do Mar. E por exemplo, un día que haxa un enterro ou voda, que os coches aparcan tamén pegados ó muro do Adro ó lado dos contenedores e na Rua Subida ó Adro, non colle un furgón nin un camión, co que se bloqueará o paso. Os camións e furgóns tampouco poden sair pola Cambra nin polo Rueiro (Rúa Numancia) debido ó estreito do paso.

- Dar saída por diante da Casa do Mar a todo o tráfico do Adro vai a machacar a centenaria Rúa Subida ó Adro coas súas lousas de pedra, pero coma sempre, o patrimonio non lle interesa a casi que ninguén.

- Asimesmo, a saída por diante da Casa do Mar vai facer aumentar moito a circulación de vehículos por esa zona, poñendo en perigo ós peóns que acuden á Casa do Mar e á Praza.

- Tamén se encontrarán os vehículos grandes co problema de virar na salida á Carretera Nova (Rúa da Canle) mesmo enfrente do garaxe de Marité, xa que teñen que facer unha viraxe de 90º nun sitio con pouco ancho, que ainda se verá máis complicado se hai algún coche mal aparcado, frente á cafetería da Casa do Mar.

- Os vehículos que antes subía pola Rúa Dr. Torres agora baixan, co que a velocidade aumenta consideráblemente nunha calle que as portas das casas están na mesma rúa, co conseguinte perigo para as persoas.

- E por encima, non tiveron nin a previsión de poñer na Rúa da Cambra á altura da Casa de Castiñeiras un sinal de prohibido virar á dereita, polo que moitos conductores que non saben que se cambiou o sentido viran para subir pola calle (como fixeron ata agora) e atópanse cos coches que baixan de frente, co perigo de accidente, porque se vos fixades na foto, o sinal de sentido prohibido queda oculto pola esquina da casa.

Esperemos que a Concellalía de Tráfico recapacite e corrixa ou minimice os problemas que esta decisión conleva.

Algúns veciños opinan que a Rúa Dr. Torres é suficientemente ancha como para facela de dobre sentido, pero ahí o problema viría cando se aparca nela xa que se ocupa unha das bandas da calle. O aparcamento nesta rúa está prohibido dende que se empedrou, pero normalmente os coches levan aparcando nela dende esa data, porque non hai sitio suficiente no Adro para deixar o coche, sobre todo nos veráns coa afluencia de turistas, e nos días de enterros, vodas e festas. E como "sempre" hai coches aparcados, pois ó mellor un día deixas alí o teu coche e ó collelo te atopas cun papeliño da Policía Local no parabrisas. E claro, logo te subes pola parede da igrexa pensando en que por qué che tocou a tí se sempre hai coches alí apartados.

Por iso é necesario solucionar os problemas dos cidadans e deixar as cousas claras. Ou se pode aparcar ou non se pode. Ou se tapan os sinais ou se quitan. Ou se deixa aparcar de xuño a setembro e os domingos e festivos ou qué facemos cos coches?

E se non se pode aparcar ¿dónde meten os coches os veciños que teñen coche e que pagan os seus impostos?