mércores, 25 de setembro de 2013

O Rei do Mar en Palmeira

O 31 de agosto visitou o porto de Palmeira, o Rei do Mar, o galeón da Escola de Navegación Tradicional da A.C.D. Dorna da Illa de Arousa.

Este galeón é o único que existe na actualidade aparellado con dúas velas de relinga, como as que levan as dornas, xa que o resto de galeóns restaurados que hai nesta e noutras rías do noso país, aparellan vela cangrexa.

Ahí o vedes nas fotos amarrado na rampa, pasando frente á Tixosa e abandoando Palmeira polo Camallón.






Sempre da gusto presenciar a visita dun barco tan bonito.
 






Incendios en Palmeira

Como por desgracia xa vai sendo costume, outro ano máis, uns cantos fillos de ..... súa nai, volveron a prenderlle lume ós montes próximos a Palmeira.

O día 27 de agosto sobre as 8 da tarde tres focos xurdiron espontáneamente na Carballa ó lado da autovía do Barbanza.

Ó día seguinte, un amplio dispositivo de tres helicópteros e outros tantos hidroavións loitaban contra ese lume que se extendeu ata o Hospital da Barbanza e ó Polígono de Xarás.


Os helicópteros collían a auga na praia da Cambra, en Suatomada e tamén en Coroso.


Rumoreouse unha posible evacuación do Hospital, cousa que afortunádamente non foi necesaria.


O lume chegou incluso a afectar o punto limpo de Xarás, queimando materiais que alí había almacenados. Este punto limpo está a escasos metros (menos de 20) do depósito de Gas que hai no polígono, co conseguinte perigo que podía acarrexar.

Tamén chegou a arder o desguace de coches do polígono, afectando a uns 80 coches almacenados.


Ó rematar as tarefas de extinción, esperábanos unha paisaxe tinguida de negro


Dous días despóis outra gran columna de fume foi avistada. Era o grande incendio que afectou ó municipio de Boiro e que cubreu toda a Ría de fume, como podedes apreciar nas fotos.







Esperemos que non se repitan de novo estas imaxes. Coidemos dos montes, que son de todos.

Ahí vos poño unhas fotos tomadas dende o Adro, a Cambra e outras localizacións.