Na pista asfaltada que vai da Lomba pola
Revolta ata a estrada que vai a Moldes, desde que fixeron un muro de
pedra nunha finca, a auga queda empozada ata o punto que vedes na foto.
Pasar cun coche baixo representa un perigo, máxime cando non sabes se
haberá algunha pedra debaixo da auga. Por suposto o paso para as persoas
resulta imposible sen botas de auga.
Hai poucos veciños, si, pero
supoño que tamén pagan impostos.
Este blog xurde coa idea de darlle novas frescas do seu pobo a todos os palmeiráns que andan repartidos polo mundo buscándose a vida. Procurarei mantelo actualizado.
xoves, 6 de febreiro de 2014
domingo, 26 de xaneiro de 2014
Obras no Eitón e na rúa Cruceiro de Cruces.
Pasados os Reis, deron comenzo as obras no Eitón para mellorar a fachada litoral de Palmeira.
As excavadoras empezaron a levantar o vello asfalto.
O Concello de Riveira ten presupuestadas as obras en 93.077 euros, e a actuación, que está previsto se leve adiante en dous meses, consistirá no pavimentado con adoquíns de formigón prefabricados grises e verdes, como os que puxeron polo Adro e pola Canle, sobre unha base de formigón.
A día de hoxe xa botaron a base de formigón nunha metade da explanada e están levantando a outra metade.
O pasado verán xa Portos de Galicia arranxara a parte das beirarrúas que están a carón das casas con enlousado de pedra.
Tamén están con obras na rúa Cruceiro de Cruces, desde o Bacelo ata a Arrochela, donde levantarán o vello piso de formigón farán a rede de pluviais e colocarán adoquín, gris e verde. Según o Concello, o presuposto é de 147.000 euros e as obras durarán uns tres meses.
Ó levantar o formigón quedou á vista o antiguo enlousado de pedra, unha maravilla. É unha pena que os técnicos municipais non aproveiten ese antiguo enlousado para restauralo, elevalo e deixar a rúa con él e non meterlle adoquíns de formigón. Quedaría unha calle estupenda coa pedra orixinal que moitos recordamos como cubría toda esa rúa.
Imaxinádesvos que a alguén lle dese por adoquinar con formigón as rúas do Franco e da Raíña en Santiago.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)