venres, 7 de setembro de 2012

O polideportivo de Palmeira

Esta semana estiven visitando as obras do polideportivo de Palmeira, que se está construindo dende o pasado mes de maio na chamada Horta do Bacelo. Para os que non se dean conta, está no novo vial que vai dende a parada do autobús no Puente ata o Barreiro.

O presuposto desta obra é de 1.108.597,16 euros máis IVE, que penso que agora mesmo sería do 21%, xa que, se na páxina do Concello figuran éstes datos.....

Denominación:
Construción de pavillón polideportivo municipal en Horta do Bacelo
(Palmeira, Riveira)
Plan:
Municipal
Adxudicatario:
Ageco, Construcciones y Reformas, S.L.
Importe de adxudicación:
Base:  1.108.597,16 euros
IVE 18%:  199.547,49 euros
Prezo total do contrato:  1.308.144,65 euros
Prazo de execución:
12 meses
Órgano de adxudicación:
Alcaldía
Data da adxudicación:
 24/03/2011

... agora mesmo coa subida do tipo xeral do 18% ó 21%, o presuposto quedaríase en 1.341.402,56 €.

Recordar que esta obra que empezou no pasado mes de maio do 2012 xa fora unha promesa electoral do anterior alcalde Xosé Luis Torres Colomer no ano 2007, e daquela xa se falaba de que quedaría lista a finais do 2008, tal e como podedes ver nesta nova do Canal 7 Rias Baixas . E non sabemos por qué tardou tanto en executarse.

A ver se por fin o temos listo para maio do 2013 xa que como pon na adxudicación, ten un plazo de execución de 12 meses.


Este polideportivo vai a ter unha planta baixa ónde estarán o vestíbulo, as oficinas, a recepción ó público e as gradas. E unha planta semisoto ónde se ubicarán a pista de 40x20 metros, a sala de ximnasia duns 70 metros cadrados, vestiarios, aseos, sala de masaxes e almacéns.

Agora desexamos que se acabe canto antes, que se use, e sobre todo que nos dure, e que non se leven os bancos, rompan o valado e destrocen as porterías, como na pista da Horta do Cura.