martes, 20 de setembro de 2011

Remataron as obras na fonte do Adro

En poucos meses, a paisaxe do entorno da igrexa de Palmeira cambiou radicalmente.


Ó derribo da vella praza, xuntóuselle a recuperación da fonte do Adro que se atopaba no soto da praza e dende facía moitos anos tiña as entradas cegadas por chegar a convertirse nun vertedoiro clandestino de lixo.


A recuperación da fonte, como vedes nas fotos consisteu en derrubar o edificio da antigua praza, crear dous accesos con escaleiras dende a parte superior (un dende a Rúa da Cambra pegado á casa do cura), e outro dende a Rúa da Canle (a Carreteranova) e tamén dun acceso ó nivel inferior directo dende a entrada á Casa do Mar.

Foi feito con lousas de granito e baranda de aceiro inoxidable.

A fonte queda alá abaixo un pouco deslucida, xa que ben poideron anchear as escaleiras que baixaban á fonte para que quedase un espazo máis aberto.


Con esta obra tamén se gañou un pouco máis de ancho para a Rúa da Cambra, que xa sabedes moitos, que ás veces era moi difícil pasar polos coches que aparcaban en batería frente á praza.

Tamén xa retiraron todo o material que estaba depositado no Adro e que imposibilitaba aparcar, co que se comían unhas 6 ou 7 prazas de aparcamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario