Programa das festas 2012
Este ano, unificáronas coas de verán, que normalmente, tiñan lugar en agosto, así que, os amigos e veciños, que viñan todos os anos dos E.U.A., este ano non van a poder desfrutar das festas do verán en Palmeira.
Programa das festas 2012
Tamén hai que ter en conta, que nos últimos anos, a climatoloxía non nos tén axudado moito a desfrutar das festas, por iso, ó mellor, cambialas para o San Xoán foi unha boa opción.
Armando a fogueira con axudas mecánicas. ¡¡Os homes de agora xa non son coma os de antes!!
E por último, a coincidencia nos últimos anos, en datas, cas festas de Corrubedo e de Ribeira, tamén mermaron a asistencia de visitantes ás nosas festas en anos anteriores.
O Castelo preparado para a noite
Xa pola tarde, ás 16:30 tería lugar o xogo do pau ensebado, e un pouco máis tarde ás 17:00 os inchables volvían a alegrar ós máis pequenos. E xa sobre as 7 da tarde, todos á festa da espuma.
A Tixosa tamén preparada
Pola noite, a verbena estivo amenizada pola orquestra ASSIA e o grupo Azalea.
O pregón deste ano correu a cargo de Xosé Plácido Betanzos García, un palmeirán nado en 1952, profesor de tecnoloxía no I.E.S. Leliadoura de Frións e ben coñecido por todos por ser voceiro do BNG de Ribeira durante unha década. Foi candidato á Alcaldía de Ribeira nos anos 1995 e 1999.
Gañador de varios premios literarios, 1º premio 3ºCertame Valle Inclán da Pobra, 1º premio Relatos na Emigración en Bos Aires.
Actualmente ten un moi bo relato longo nas librarías, Coiteladas na Alma, sobre o tema da emigración nos primeiros anos do século XX a Nova Iork. Un libro moi doado de ler e moi recomendable, que a moitos posíblemente lles traia recordos do que lles teñen contados seus pais e abós.
Tivemos moi bo tempo, ata que pola noite se levantou un ventiño do Nordés que colleu desprevida a moita xente que non viña ben abrigada e víanse algunhas caras de frío.
O sábado volvían a despertarnos os foguetes ás 9:45 e pouco despóis, os gaiteiros facían a súa aparición.
Os gaiteiros tocando mentras se celebra o fútbol 3x3
Sobre as 11:30 tivo lugar o tradicional torneo de futbol 3x3 nas pistas do parque da Horta do Cura. Ás 16:30 tería lugar a proba de natación dende a Tixosa ata o pantalán.
Ás 8 da tarde, as charangas e gaiteiros empezaron a quentar á xente para a Sardiñada e para o partido España-Francia da Eurocopa.
Vendo o partido e comendo sardiñas
Os bares da zona tamén estaban repletos de xente vendo o partido, e nada máis acabar, e animados polo resultado, tamén se achegaron a disfrutar dúnhas boas sardiñas asadas encima dun cacho de pan de millo.
Como outros anos, as sardiñas foron de balde, e só había que pagar a bebida a prezos moi populares. Ademáis vendíanse rifas para o sorteo dun porco que tería lugar o domingo pola noite.
A Tixosa ardendo
A noite estivo espectacular, sen vento ningún e cunha temperatura moi agradable, que animou á moitísima xente asistente que estivo ata altas horas.
Fogueira no Castelo
O domingo volvían a despertarnos os tradicionais foguetes. Sobre as 11 menos cuarto a banda de musica e gaiteiros empezaron a recorrer as nosas rúas. Despóis de subir pola Rúa da Cambra, aproveitaron a saída da misa para facer un pequeno concerto no mesmo Adro, que foi moi aplaudido polos presentes.
Ás 12 o tren coas Raíñas das Festas empezou a facer recorridos polo pobo. E á 1 baixou a banda de música para o Eitón a facer un concerto.
O tren da Raíña das Festas
Pola tarde volverían os inchables.
Ás 19:30 saeu a procesión da Virxe do Carme e houbo misa no Eitón.
Pola noite a verbena foi amenizada pola orquestra Ledicia Espectáculo.
E alá se van as festas deste ano. Co lume das fogueiras esperemos que se queimara todo o malo deste ano, que houbo moito, a ver se se queimou xa a crise, a prima de risco, o paro, os mercados, a deuda, e todo iso do que desgraciadamente oímos falar todos os días nos telexornais. Menos mal que nos quedan as festas, o fútbol, o tenis, a Fórmula 1, as MOTO GP, etc, para facernos olvidar por momentos todo o que estamos sufrindo.
Xa estamos esperando polas festas do 2013. ¡¡¡¡E que non nos asuste o número dese ano!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario