luns, 16 de xullo de 2012

Parece que quer chegar o verán

Despóis de moitos días dun tempo bastante malo para o que se espera dos meses de verán, parece que este domingo por fin chegou o verán a Palmeira.

A praia da Corna empezóuse a encher de xente como nos mellores tempos, ainda que un pouco menos. Debe ser que este ano hai menos turismo.

A ver se se empezan a ver xa os nosos veciños que chegan dos EUA como todos os anos a pasar uns días no seu pobo. Moitos chegaron este pasado sábado pero viñan cansados da viaxe e pouco se lles veu o pelo.

Para hoxe e mañán tamén se esperan unhas boas temperaturas para desfrutar da praia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario