martes, 11 de decembro de 2012

Inauguración do alumeado de Nadal

O sábado día 9, xuntáronse arredor da praza da Casa do Cura no Adro, arredor de dúas ducias de persoas para presenciar a inauguración do alumeado de Nadal deste ano.

Entre elas atopábase o Alcalde Manolo Ruiz, varios concellais e varios veciños que se achegaron a presenciar a bonita árbore de Nadal que nos puxeron este ano.



Unha árbore impresionante, duns 8 metros de altura, formadA por un armazón metálico e recuberto dunha malla cor verde para simular as follas. De noite alumea de cor azul con bombillas led, e ten unhas franxas brancas intermitentes que simulan copos de neve caendo.
 
A árbore está patrocinada pola coñecida empresa Frinsa.

Na fachada da igresa tamén colocaron unha estrela luminosa.

Está moi ben que a pesares da situación económica que sufrimos, non se recorten cousas como ésta, que ainda que para moitos sexan supérfluas, tamén alegran un pouquiño estas datas. E se por encima o financia unha empresa privada mellor que mellor.

Agora ímoslle a pedir a Papá Noel que remate o polideportivo de Palmeira, ainda que se teña que chamar Polideportivo Frinsa ¿e por que non?. ¿Non existe o Allianz Arena, o Emirates Stadium, o Nordbank Arena ou o Iberostar Stadi?

Estaría ben que as poucas empresas que obteñan beneficios os invertiran en infraestructuras para disfrute de todos, a cambio de levar o seu nome. Sería como unha inversión en publicidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario